viernes, 27 de enero de 2012

XOGANDO CUN PARACAÍDAS

     No seguinte vídeo podemos ver unha mostra de xogos que podemos realizar de xeito cooperativo cun paracaídas.

jueves, 19 de enero de 2012

SOPORTE VITAL BÁSICO

     No seguinte enlace podedes atopar un arquivo .pdf cun manual de Primeiros Auxilios elaborado pola Doutora Corsina Prado Pico para un curso de formación do profesorado sobre Soporte Vital Básico celebrado no 2011 no Cefore de A Coruña.

CIRCUITO HOCKEY

     Como xa dixemos,  neste trimestre estamos iniciándonos cos alumnos/as do 2º ciclo de Primaria no coñecemento do hockey.  Estos días fixemos circuitos para aprender a manexar o stick e conducir,  lanzar e elevar a bola.  Na seguinte presentación podemos ver algunhas fotos cos progresos dos/as nosos campeóns.

miércoles, 18 de enero de 2012

WEBS RECOMENDADAS

     Hoxe recomendo tres webs interesantes que atopei na web de Educared:  unha de recursos educativos para ver e crear,  outra de iniciación á xeoloxía e actividade sísmica, e unha máis que contén un globo terráqueo virtual e un atlas mundial  (  esta última é a páxina de descarga do programa  ).


viernes, 13 de enero de 2012

jueves, 12 de enero de 2012

TRABALLANDO CON ZANCOS

     Os nenos e nenas de 1º de Primaria están comezando a traballar con zancos para mellorar o seu equilibrio e coordinación.  Estos días están a facer un pequeno circuito de habilidade.  Nas seguintes fotos podedes ver o ben que o fan.

miércoles, 11 de enero de 2012

GRAZAS

Un chisco de ánimo para afrontar con esperanza os tempos que se aveciñan

HOCKEY

     Benvidos a todos/as a este novo trimestre do curso 2011-12.  No 2º ciclo comezamos a traballar a iniciación ó hockey.  No seguinte vídeo podedes ver algunha das normas básicas de xogo.

     Agora poderemos ver habilidades,  técnicas e exercicios de entrenamento.