viernes, 30 de septiembre de 2011

A SAÚDE DOS NOSOS FILLOS/AS

     Para iniciar o traballo na área de Educación Física,  cada curso os mestres/as debemos coñecer todas as características  (  físicas,  especialmente,  pero tamén psicolóxicas,  emocionais,  ...  )  do noso alumnado.  A colaboración das familias é esencial neste aspecto,  xa que o descoñecemento dalgunha enfermidade ou alteración nos nenos/as pode provocar lesións,  conflitos ou accidentes de diferente gravidade.

     Por iso,  no seguinte enlace aparece unha ficha de datos médicos que é moi interesante cubrir por parte de todo o alumnado,  e especialmente por aqueles rapaces/zas que presenten algún tipo de enfermidade,  alerxia,  lesión,  ...  Facendo dobre clic no seguinte enlace podedes descargar un modelo de ficha de datos médicos:  FICHA DE DATOS MÉDICOS

lunes, 26 de septiembre de 2011

A INDUMENTARIA NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

     A área de Educación Física ten unha compoñente teórica  (  nocións de anatomía,  adestramento,  deportes,  ...  )  e outra práctica.  Na Educación Primaria a parte práctica prima habitualmente sobre a teórica.  Por iso,  na parte práctica,  a indumentaria é esencial,  xa que un correcto equipamento deportivo permite o traballo axeitado e evita lesións,  malas posturas e incidentes en xeral.
     O material OBRIGATORIO que precisaremos para a clase de Educación Física será o seguinte:
  • Calzado deportivo  (  nos primeiros cursos de Primaria,  mentres non saiban atar os cordóns,  é recomendable que traian calzado de velcro  )
  • Calcetíns
  • Pantalón curto,  de chándal,  mallas,  ...
  • Chaqueta do chándal ou similar
  • Gorra  (  para exteriores en días de sol  )
  • Bolsa de aseo  (  neceser,  bandoleira ou similar  )
  • Toalla  (  de mans,  que irá na bolsa de aseo  )
  • Todos/as os que teñan o pelo longo,  deberán levalo recollido.
     Ademáis,  hai un material RECOMENDABLE  que tamén se pode traer:
  • Peite ou cepillo de pelo
  • Xabrón de mans ou frasco pequeno de xel
  • Colonia ou desodorante
  • Calzado de reposto

viernes, 23 de septiembre de 2011

A HORA DA MERENDA NA ESCOLA
Imos comezar o novo curso 2011 - 2012.  Pasaremos no colexio moitos días lectivos traballando,  aprendendo e disfructando con todas as experiencias que nos están esperando.
Os vosos fillos e fillas están nun periodo de crecemento importante e os seus hábitos de alimentación deben de ser coidados con especial atención para que contribúan ao bo desenvolvemento tanto físico como mental.
Na aula se crea un ambiente propicio entre os compañeiros/as para experimentar co que nos rodea e,  no caso que nos ocupa,  con novos sabores e texturas das comidas.
En clase,  merendamos no recreo,  coidando a limpeza,  creando un clima de sosiego e tranquilidade e,  ao mesmo tempo,  traballamos as propiedades e características dos alimentos que imos consumir para que eles/as perciban a merenda,  e o momento de comer en xeral,  coma un acontecemento importante.
Lles propoño un  “  menú semanal  ”  das meriendas que os seus fillos/as traen ao colexio todos os días,  que deberán seguir sempre e cando estén de acordo e os niños/as non presenten alerxias ou intolerancias alimenticias.

LUNS:
  • Sandwich ou bocadillo cos ingredientes que desexen.
  • Zume de cualquera froita ou sabor.

MARTES:
  • Cereais: dos que se toman no almorzo ou en barriñas. 
  • Iogurte

MÉRCORES:
  • 1 peza de froita.  Os primeros días que traian a froita que estén acostumados a tomar,  despois pódense ir introducindo outras. 
  • Froitos secos: améndoas,  noces,  avelás,  pipas peladas  (  nunca con casca  ).
Este día poden traer as dúas cosas ou elexir unha.


u

XOVES:
  • Leite ou batido 
  • Galletas.  Eviten,  por favor,  que sexan sempre con chocolate.

VENRES: 
  • O venres é libre.  Significa que deben elexir unha merenda da dos días anteriores ou combinar elementos deses días. 
É importante que si o seu fillo/ a non pode tomar algún alimento,  lle traian outro que consideren máis oportuno,  procurando sempre que sexa posible,  seguir estas indicaciones. 
Son moitas xornadas de aprendizaxe,   incluindo,   por que non,   o momento da merenda como un momento privilexiado para compartir,  disfructar e,  por suposto,  aprender.
¡¡  MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN  !!