viernes, 13 de diciembre de 2013

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Nos seguintes vídeos de YouTube podemos ver como unha alimentación saudable mellora a nosa calidade de vida.
 
 

miércoles, 22 de mayo de 2013

TIRO CON ARCO

Ó longo da semana do 13 ó 15 de maio, dous membros do clube de tiro " Arco Adarve " impartiron unha clase práctica de iniciación ó tiro con arco a alumnos/as de 5º e 6º de Educación Infantil e a todo o alumnado de Educación Primaria. Está previsto que esta actividade sexa ofertada ós interesados para o curso que ven como actividade extraescolar. Podedes ver información sobre esta actividade na páxina do clube Arco Adarve. Podemos ver fotos dos nosos tiradores e tiradoras na seguinte presentación.

BEISBOL

Ó longo da semana do 6 ó 8 de maio dous xogadores e entrenadores do Clube de Beisbol " Os Druidas " estiveron no noso centro cos alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria impartindo unha sesión de iniciación a este deporte. Está previsto, ademáis, que na última semana de xuño se celebre no centro un campamento de beisbol para nenos/as de 6 a 12 anos. Podemos ver imaxes das sesións na seguinte presentación.

jueves, 11 de abril de 2013

RECICLAMOS

     Neste vídeo de YouTube podemos ver de forma práctica e amena a importancia do bo uso dos obxectos que temos arredor.
 

martes, 9 de abril de 2013

XERADOR ONLINE DE ACTIVIDADES

Nesta páxina podemos atopar un xerador de recursos con máis de 150 actividades para facer online sen necesidade de descargar o programa no ordenador no seguinte enderezo: http://www.cuadernointercultural.com/tic-tools/generadores-online/

viernes, 1 de marzo de 2013

COMPETICIÓNS

     Ó longo destes días os alumnos/as de 3º e 4º traballaron en actividades de iniciación deportiva. O alumnado de 3º traballou por grupos actividades técnicas e tácticas de iniciación ó fútbol e os nenos e nenas de 4º fixeron o propio co balonmán. Ademáis, fixemos unha pequena competición interna da que podemos ver os resultados nas seguintes tablas clasificatorias:

miércoles, 6 de febrero de 2013

O MONXE E AS TIC

Neste vídeo de YouTube podemos ver, de xeito irónico, como pode chegar a ser o achegamento de novos usuarios ás TIC.
 

BALONMÁN

     O alumnado de 4º leva traballando, desde que comezou o trimestre, no descubremento e práctica do balonmán. Coñeceron as nocións básicas do regulamento, vimos aspectos técnicos e tácticos do xogo na PDI e, sobre todo, a través da práctica, fomos aprendendo e mellorando o noso concepto deste deporte.
     Por outra banda, o traballo realizouse ó mesmo tempo que se disputaba no noso país o Campionato do Mundo de Balonmán que, ademáis, gañou a selección española.
     Aquí van algunha fotos dos futuros Maqueda, Aguinagalde, Entrerríos e demáis.
 



 

INTERNET

     Neste vídeo de YouTube podemos ver como Internet pode ser un lugar pouco seguro. Aínda que pode asustar un pouco, debe servirnos para reflexionar como nos expoñemos ós demáis no mundo dixital e que debemos ser precavidos.
 

viernes, 18 de enero de 2013

DIFERENTES CAPACIDADES E HABILIDADES

Este vídeo de YouTube pretende amosarnos que tod@s temos capacidades e habilidades. O importante é tratar de sacalas á luz.

jueves, 10 de enero de 2013

CHARLA " NAVEGA CON RUMBO "

Hoxe mércores, 10 de xaneiro, os alumnos/as de 5º de Primaria asistiron,  dentro das actividades do Proxecto Abalar a unha charla sobre navegación segura en Internet pertencente ó programa  "  Navega con Rumbo ".  O obxectivo desta actividade é a de concienciar ó noso alumnado sobre as vantaxes e os riscos de Internet.