miércoles, 22 de mayo de 2013

TIRO CON ARCO

Ó longo da semana do 13 ó 15 de maio, dous membros do clube de tiro " Arco Adarve " impartiron unha clase práctica de iniciación ó tiro con arco a alumnos/as de 5º e 6º de Educación Infantil e a todo o alumnado de Educación Primaria. Está previsto que esta actividade sexa ofertada ós interesados para o curso que ven como actividade extraescolar. Podedes ver información sobre esta actividade na páxina do clube Arco Adarve. Podemos ver fotos dos nosos tiradores e tiradoras na seguinte presentación.

BEISBOL

Ó longo da semana do 6 ó 8 de maio dous xogadores e entrenadores do Clube de Beisbol " Os Druidas " estiveron no noso centro cos alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria impartindo unha sesión de iniciación a este deporte. Está previsto, ademáis, que na última semana de xuño se celebre no centro un campamento de beisbol para nenos/as de 6 a 12 anos. Podemos ver imaxes das sesións na seguinte presentación.