jueves, 22 de noviembre de 2012

INICIACIÓN Á ESCALADA - ACTIVIDADES

No seguinte enlace poderemos atopar unha actividade feita con Ardora para iniciarnos na escalada.  Ademáis,  podemos descargar a actividade no seguinte arquivo .zip


INICIACIÓN DEPORTIVA

No 2º Ciclo de Primaria estamos a facer traballos de iniciación deportiva.  Os nenos/as de 3º empezan con fútbol e os de 4º con balonmán.  O obxectivo é ir traballando progresivamente a técnica,  a condución de balón, o pase e o lanzamento,  para logo xogar.  Nas seguintes fotos podemos ver parte do seu progreso.
 

viernes, 9 de noviembre de 2012

TRABALLO FÍSICO

Estas semanas imos traballando con aros no 1º ciclo para mellorar as nosas habilidades e a coordinación e,  no segundo ciclo,  estamos tratando de aprender de xeito autónomo a facer un quecemento.  Con isto pretendemos ir aprendendo a activar o corpo para preparalo para o exercicio e,  ademáis,  previmos a aparición de lesións. 
 
Como non vai ser todo quecemento tamén estamos a realizar saltos horizontais e verticais.  O traballo vaise facendo a bo ritmo e a maioría ten moita vontade e esfórzase para tratar de facelo cada vez mellor. Noraboa.

jueves, 25 de octubre de 2012

XOGOS, TAREFAS E ACTIVIDADES

     Nos seguintes vídeos podemos ver diferentes xogos,  tarefas e actividades relacionados coa actividade física e a coordinación.

jueves, 4 de octubre de 2012

A RESISTENCIA - VÍDEOS

     Nos seguintes vídeos podemos ver diferentes aspectos,  técnicas e traballos relacionados coa mellora da actividade física.

- Carreira continua,  lateral,  de espaldas e en dirección variable
 
- Exercicios para correr mellor

 
- Exercicios de técnica de carreira


A RESISTENCIA

     Agora que comezou o curso estamos a traballar a resistencia no 2º ciclo de Primaria.  O obxectivo é aprender a facer carreira continua,  regular o esforzo,  aprender a ter e manter o noso propio ritmo e mellorar unha das cualidades físicas básicas.  Nas fotos podemos ver o excelente traballo realizado.

 

jueves, 13 de septiembre de 2012

QUECEMENTO - ACTIVACIÓN

     O quecemento ou activación é a parte inicial do traballo en calquera actividade física e permite a iniciación do traballo físico e a preparación do noso corpo para os esforzos posteriores,  previndo tamén as lesións.  No seguinte vídeo podemos ver a realización e explicación dun quecemento.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

     Hoxe,  mércores,  12 de setembro,  os alumnos/as comezan un novo curso cheo de ilusións e incertezas.  Desde a área de Educación Física imos facer unha serie de suxestións e normas para comezar con bo pé esta nova andaina.
 

 
MATERIAL NECESARIO
 
  • Roupa deportiva (  chándal ou pantalón curto,  camiseta de manga curta - nunca de tirantes -  )
  • Calzado deportivo cómodo  (  con calcetíns  )
  • Toalla pequena de mans dentro dun estoxo
  • Tamén podemos traer peite,  xabrón,  calzado deportivo de reposto ou un botellín de auga.  Ademáis,  os/as que teñades o pelo longo deberedes traelo recollido
 
DÍAS DAS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA
 
  • 1º A:  LUNS E XOVES
  • 1º B:  LUNS E XOVES
  • 2º A:  MÉRCORES E VENRES
  • 2º B:  MARTES E VENRES
  • 3º A:  MARTES E XOVES
  • 3º B:  LUNS E MÉRCORES
  • 4º A:  MÉRCORES E VENRES
  • 4º B:  MARTES E XOVES
 

viernes, 22 de junio de 2012

REMATA O CURSO

Finaliza o curso 2011-12 con inquedanzas  (  sociais, políticas e laborais  )  e con alegrías  (  as que proporcionan os alumnos/as ó longo du curso na maioría das ocasións  ).  Na seguinte presentación podedes ver unha breve escolma da enorme cantidade de actividades que fixeron os alumnos/as do CEIP Ría do Burgo nas clases de Educación Física ó longo deste curso.  Felices vacacións  (  repasade un pouco de todo no verán para non esquecer todo o traballado no curso  )  e disfructade do tempo de lecer  (  sería recomendable que adiquedes un pouco do voso tempo ó exercicio facendo diversos xogos e actividades  ).

martes, 12 de junio de 2012

APRENDEMOS DE ESCALADA

     Nos seguintes vídeos podemos ver elementos e accións relacionados coa escalada  (  material necesario,  elementos básicos da técnica de escalada,  erros máis comúns,  ...  ).

lunes, 28 de mayo de 2012

NORABOA CAMPIÓNS

   Hoxe é un día de ledicia dobre para o deporte galego,  en xeral,  e coruñés en particular.  Por unha banda,  o Liceo conqueriu a Champions de hockey a patíns  (  o sexto título continental e o segundo consecutivo que o confirman coma o equipo galego co mellor palmarés  )  e,  por outra,  o Deportivo,  que gañou a liga de 2ª división e ascende a 1ª para a vindeira tempada.  Os mellores desexos para os outros equipos galegos que lograron éxitos esta tempada  (  Ourense,  COB,  ...  )  e para os que poden telos nas vindeiras semanas  (  Celta,  Lugo,  Cerceda,  Alondras,  ...  ).

viernes, 25 de mayo de 2012

RECURSOS

     Recomendo dous recursos moi interesantes.  Por unha banda,  unha web canaria sobre os aparatos e órganos do corpo e,  ademáis,  un repositorio de contidos en EdiLim da aula virtual do noso centro,  resultado do proxecto de formación que realizamos ó longo deste curso sobre utilización educativa das novas tecnoloxías.

ESCALADA E NÓS

     A escalada en idade escolar é un exercicio moi recomendable para o desenvolvemento do equilibrio e a adaptación motriz. Nos seguintes vídeos podemos ver o traballo de escalada en rocódromo e tamén tres nós básicos.

Como escalar en rocódromo

Oito

Pescador

Ballestrinque

lunes, 21 de mayo de 2012

XOGAR COS NOSOS FILLOS/AS

     O xogo é un elemento esencial no ser humano.  A través del melloramos a nosa condición física,  aprendemos a movernos,  relacionarnos,  ...  Na sociedade actual o exceso de medo e de protección  (  aínda que deberíamos falar de desprotección en vez de sobreprotección,  xa que se non nos preparan para o que nos imos atopar,  estaremos desprotexidos  )  fixo que se deixase de xogar en moitas ocasións,  polo medo a que os nosos fillos/as acaben facéndose dano.  É moi importante que os pais e nais nos concienciemos da necesidade de que os nosos nenos/as xoguen  (  con outros nenos/as e tamén con nós  ).  As consolas,  ordenadores,  teles,  ...  favorecen o sedentarismo e son unha excusa,  en moitos casos,  para que non nos molesten.  Temos que  "perder"  tempo xogando cos nosos nenos/as.  No seguinte artigo veremos os beneficios de compartir os xogos cos nosos nenos/as.


miércoles, 9 de mayo de 2012

SEGURIDADE NA BICI

     A bicicleta é un medio ecolóxico de transporte e diversión. Serve para desplazarnos a calquera lugar  (  aínda que hai máis tradición ciclista no norte de Europa,  xa que aquí usamos máis o coche  )  e tamén para facer exercicio e pasalo ben.  Pero,  moitas veces,  non hai carril bici en determinadas zonas e temos que usar a carretera para desplazarnos en bici.  Iso supón que temos que ter certas precaucións á hora de movernos.  A Fundación Mapfre elaborou unha GUÍA para axudarnos a facer un uso correcto da bicicleta.

viernes, 4 de mayo de 2012

XOGAMOS E COLABORAMOS

     Estamos a facer no 1º ciclo algúns xogos cooperativos por equipos para deixar de lado o exceso de competitividade e procurar colaborar entre varios para conquerir unha actividade proposta.  Son xogos moi sinxelos de sempre,  pero permiten ver e reflexionar sobre a necesidade de cooperar entre nós e,  tamén,  sobre o importante que é respectarnos e saber ganar e perder  (  isto lévano,  ata o momento,  un pouco peor  ).  A continuación veremos unha breve escolma do realizado.



Tamén podemos ver un vídeo de YouTube sobre xogos cooperativos:

viernes, 27 de abril de 2012

XOGANDO Ó FÚTBOL

     No segundo ciclo de Primaria,  durante estas semanas,  estamos a traballar unha ficha de actividades de fútbol co obxectivo de practicar os diferentes aspectos relacionados coa técnica  (  condución,  lanzamento-recepción, remate  ).  Ademáis,  o alumnado traballou por grupos de xeito colaborativo e autónomo que,  por outra banda,  era o que se pretendía con estas actividades. A continuación poderedes ver unha escolma do gran traballo realizado polos cracks do fútbol.

viernes, 20 de abril de 2012

COIDAMOS O NOSO CORPO

     A Xunta de Castela e León ten unha páxina cun xogo adicado a coñecer o noso corpo. No enlace O CORPO HUMANO podemos xogar.
     Ademáis, no seguinte vídeo podemos ver unha canción infantil sobre como facer unha alimentación axeitada.

viernes, 13 de abril de 2012

MOSTRA DO ENSINO - CONGRESO TIC

     O xoves, 12 de abril, dous mestres do centro asistimos ó Congreso  "  Tecnoloxías da Información e da Comunicación  "  dentro da Mostra do Ensino que se está a celebrar do 11 ó 14 de abril en Expocoruña.  É unha boa idea realizar congresos e xornadas  (  de feito debería haber máis,  non só de TIC e idiomas  ),  pero neste caso a organización,  especialmente pola tarde,  debería ser un pouco mellor  (  problemas de conectividade,  son,  espazos,  ...  ).
No enlace Mostra do Ensino podedes ver o programa deste evento.




miércoles, 11 de abril de 2012

ALIMENTACIÓN E SAÚDE

     Unha alimentación sana e equilibrada, combinada coa práctica de exercicio, favorece o coidado do corpo. Os seguintes enlaces nos informan sobre hábitos de alimentación e tamén sobre os alimentos máis axeitados.
Tamén hai dous xogos relacionados coa alimentación e a saúde:


miércoles, 28 de marzo de 2012

FÚTBOL

     Estes días comezamos a traballar no segundo ciclo a iniciación ó fútbol.  A idea fundamental é familiarizarse co manexo do balón e interiorizar o xogo en equipo e a cooperación.  Aínda así,  deixo uns vídeos de YouTube nos que podemos ver unha pequena parte dos fundamentos básicos deste deporte.
Comezamos sempre facendo un bo quecemento

A condución do balón é un elemento esencial

Exercicios de coordinación aplicados ó fútbol

viernes, 23 de marzo de 2012

AS NOVAS TECNOLOXÍAS NA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

    Esta semana o alumnado do 2º ciclo de Primaria estreou a aula multimedia portátil do centro. O centro adquiriu unha aula multimedia portátil composta por un carro de portátiles para almacenamento e carga, 26 netbooks para o alumnado, un portátil para o mestre e, nas aulas nas que non hai PDI, un proxector e un conversor e-beam. Esta adquisición foi posible grazas ó convenio asinado entre a Fundación Paideia Galiza ( que aportou a maior parte do capital e á que agradecemos moitísimo a súa colaboración  ) e o centro.  Despois de varios días de proba esta semana estreámola na clase de Educación Física,  aprendendo o seu manexo básico,  organizando os turnos de recollida e depósito no carro de portátiles e facendo tarefas básicas de navegación por Internet  (  vendo a páxina do colexio e este blogue  ).  Na seguinte presentación hai unha pequena escolma do traballo realizado.

viernes, 16 de marzo de 2012

HOCKEY

     Ó longo destas semanas os alumnos/as do 2º ciclo de Primaria fixemos varias sesións de iniciación ó hockey.  Tratamos de aprender a conducir a bola cos sticks,  a lanzar e nocións básicas de xogo  (  algunhas veces parecía que estábamos a segar ou a varrer,  pero o esforzo foi moi grande e foi dando froitos  ).  Para rematar fixemos un torneo en cada clase por equipos,  no que todos/as querían gañar,  pero o máis importante foi a participación,  o esforzo realizado e o traballo en equipo.


     Nos seguintes enlaces podedes ver os resultados de cada clase:

jueves, 8 de marzo de 2012

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE - O NOSO CORPO E O EXERCICIO

      O noso corpo está formado polo conxunto de partes materiais que compoñen o noso organismo.  Cada unha desas partes cumple unha función específica.  Así,  á hora de facer exercicio,  as partes fundamentais do corpo que máis interveñen son as que se reflicten a continuación.
 Fotografía da galería de betacontinua - Flickr
¨      Sistema Esquelético.  O esquelete é o termo que se usa para describir a todas as estruturas ríxidas ou semiríxidas que serven de soporte ós tecidos blandos do noso corpo,  e proporcionan apoio para a acción muscular.  O esquelete humano está formado por máis de 200 ósos que se unen entre sí nas articulacións por medio dun tecido resistente e pouco elástico denominado ligamento  ou  tendón.  Os ósos poden dividirse en curtos,  longos  e  planos.  Os movementos dos ósos do esquelete son levados a cabo grazas ás contracións dos músculos unidos ós ósos;  estas contracións,  por outro lado,  están controladas polo sistema nervoso.
¨      Sistema Muscular.  O músculo é un tecido ou órgano con capacidade para contraerse,  polo que o sistema muscular é o encargado de facer posible o movemento do corpo.  Hai tres tipos de tecido muscular:  liso,  esquelético  e  cardíaco.  A unión do sistema esquelético e o muscular é coñecida polo nome de Aparato Locomotor.
¨      Sistema Nervoso.  É o conxunto dos elementos que nos organismos animais están relacionados coa recepción dos estímulos,  a transmisión dos impulsos nervosos ou a activación dos mecanismos dos músculos.  No sistema nervoso,  a recepción de estímulos se realiza mediante unhas células sensitivas especiais ou receptores que se chaman neuronas.  Os animais vertebrados,  coma o ser humano,  teñen unha columna vertebral e un cráneo nos que está aloxado o sistema nervoso central,   mentres que o sistema nervoso periférico vai extendéndose a través do resto do corpo.  No cráneo atopamos o cerebro e na columna vertebral a médula espiñal,  que coordinan todas as accións do sistema nervoso.
¨      Aparato Dixestivo.  O noso organismo precisa de certa cantidade de enerxía para poder realizar con normalidade todas as súas funcións.  A enerxía necesaria para o mantemento e funcionamento axeitado do organismo é aportada polos alimentos.  O sistema dixestivo é o encargado de levar a cabo a transformación dos alimentos en enerxía.  Todas as substancias sobrantes da dixestión son eliminadas polo organismo a través dos aparatos urinario  e  excretor.
¨      Aparato Respiratorio.  A respiración é o proceso polo que os organismos vivos toman osíxeno do ar que lles rodea e desprenden dióxido de carbono.  A respiración se realiza grazas á expansión e contración dos pulmóns;  o proceso e a frecuencia á que sucede a respiración están controlados por unha parte do sistema nervoso.
¨      Sistema circulatorio.  O sistema circulatorio é o responsable de transportar as diferentes substancias a todo o organismo.  Para lograr o seu obxectivo sérvese dun elemento moi especial,  o sangue.  Na súa circulación polo organismo,  o  sangue  bombeada polo corazón percorre o noso corpo polas cavidades da dereita do corazón,  pasando polos pulmóns  (  aquí capta o osíxeno  ),  e a continuación regresa poas cavidades da esquerda.  Dende aquí é bombeada na arteria principal,  a aorta,  que se ramifica en condutos cada vez máis pequeños:  arterias,  arteriolas e capilares.  Logo regresa con produtos de refugallo do organismo a través das veas.

FREESBEES

     Ó longo destas semanas estamos a practicar cos alumnos/as de 2º actividades con discos voadores ou freesbees.  Tratamos de que vaian practicando  (  con moito esforzo  )  os lanzamentos,  as recepcións  (  menos mal que os discos son brandos  )  e un pouco de puntería e habilidade no lanzamento.  Seguiremos traballando algúns días máis e trataremos de facelo cada vez mellor  (  que boa falta nos fai  ).

jueves, 1 de marzo de 2012

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE - O EXERCICIO

     Se facemos exercicio físico regularmente o noso corpo poderá satisfacer as esixencias impostas polo entorno e a vida cotiá.  Estaremos en forma,  entrenados,  e  a nosa saúde sairá beneficiada.
     Xa sabemos que estar en boa forma física axuda a levar unha vida dinámica e positiva,  e é posible que afecte a case todas as fases da existencia humana.  A forza muscular,  enerxía,  vigor,  bo funcionamento dos pulmóns e o corazón,  e un estado xeral de alerta,  son signos evidentes de que unha persoa goza de boa forma física.
     Por outro lado,  o exercicio físico tamén pode axudar a mellorar certas enfermedades crónicas.  Iso sí,  as persoas con problemas de saúde ocasionados por algunha enfermidade deben consultar ó médico antes de realizar calquera tipo de exercicio físico intenso.
Fotografía de Gustavo Durán - Flickr
Consellos prácticos
  • Buscar un deporte ou actividade física que realmente nos guste y que sexa asequible físicamente.  Así non o deixaremos ó pouco de comezar.
  • Se nunca fixemos deporte este é un bo momento para comezar.  É recomendable empezar con deportes suaves,  footing por exemplo.
  • Para mellorar a nosa saúde é importante ser constante na práctica deportiva.  Non serve de moito correr dous días e descansar quince.
  • Debemos facer un quecemento axeitado sempre antes de comezar a práctica deportiva.  Así evitaremos tiróns,  desgarros e outras posibles lesións.
  • É mellor que o deporte ou actividade física que practiquemos potencie todo o corpo e non só unha zona muscular.  Debemos deixarnos aconsellar polo noso mestre/a  ou por un especialista.
  • Formando parte dun clube deportivo,  ximnasio,    perfeccionaremos mellor o noso traballo físico.  Aínda así,  é importante non sobrevalorar a importancia da competición.

Son moitos os deportes e actividades que contribúen a mellorar a forma física.
Elexide o que máis vos guste e adiante, a poñerse en forma.

viernes, 24 de febrero de 2012

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE - A VESTIMENTA

     A vestimenta é o conxunto de prendas ou atuendos persoais utilizados ó longo de todas as culturas,  dende a prehistoria.
     O principal factor que determina o tipo de roupa que imos usar é o clima.   Ademáis,  hoxe en día temos roupa axeitada para cada época do ano ou necesidade específica que se nos presente.
     Unha vestimenta  axeitada  nos ofrece proteción,  comodidade,  liberdade de movementos,  …,  pero unha vestimenta que sexa incorrecta pode ocasionarnos máis dun problema,  sobre todo á hora de practicar determinadas actividades deportivas.
Consellos prácticos.

¨    As nosas roupas deben ser apropiadas á época do ano.  Suficiente abrigo en inverno e lixeiras no vran.

¨    Buscaremos roupa que nos resulte cómoda,  folgada,  que non aprete.  Moi importante sobor de todo no calzado.

¨    Procuraremos que a súa confeción se realice con materiais axeitados,  de calidade.   Así evitaremos rozaduras,  molestias, 

¨    Non debemos olvidar protexernos da choiva coa roupa axeitada.  Se nos mollamos é doado refriarnos.

¨    Cuando fagamos deporte,  recordaremos usar roupa axeitada,  de deporte:  chándal,  camiseta,  pantalón curto,  calzado deportivo, 

¨    Elixiremos roupa específica para cada deporte:  proteccións,  casco,    Así evitaremos lesións tontas.  Cada roupa para o seu deporte.

¨    Se a roupa está suxa,  suada ou mollada,  quitarémola e á lavadora.  Non debemos poñernos a mesma roupa despois de ducharnos.

Recordade,  para cada estación,  cada situación,  cada deporte,  …,  hai unha roupa axeitada.  Ademáis,  a nosa roupa debe estar sempre limpa.

jueves, 16 de febrero de 2012

ESGRIMA

     Esta semana,  os días 13, 14 e 15 de febreiro,  os alumnos/as de 4º, 5º e 6º asistiron a unha sesión doble de iniciación á esgrima.  Nela coñeceron as diferentes armas e un pouco de historia,  e fixeron variados e divertidos xogos para aprender un pouco sobre a esgrima.  Esta actividade está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e foi levada a cabo por Ruth e Jorge do clube de esgrima 100tolos.  Foi unha actividade moi axeitada e recomendable,  como veremos nas seguintes fotos.
Ah!.  Ruth e Jorge queren recordarnos dúas cousas:
  • A primeira é que calquera de vós podedes ir un día polo seu clube a probar outra vez como é a práctica da esgrima  (  os pais e nais tamén estades convidados  )
  • A segunde é que esta fin de semana,  os días 17, 18 e 19 de febreiro hai unha proba da Copa do Mundo de Esgrima no Palacio dos Deportes de Riazor,  na estarán os mellores do mundo.

jueves, 9 de febrero de 2012

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE - A HIXIENE

        Xa coñecemos a importancia da hixiene para a nosa saúde.  Incluso o baño é utilizado con fins terapéuticos no tratamento de diversas enfermedades.  O uso dos baños con fins medicinais data da antigua Grecia.  É coñecido co nome de hidroterapia.
         Por todo isto,  o aseo persoal é moi importante.  E no aseo,  o baño ou a ducha son elementos fundamentais,  xa que son algo que debemos facer frecuentemente.  Ademáis,  así previmos cualquera posible afección da pel.
        Todos suamos  (  aínda que non fagamos exercicio  ),  e este suor é o encargado de contribuir a manter a temperatura corporal.  Se este suor se acumula na pel  (  xunto a outras suciedades  ),  os poros polos que sae o suor se taponan e deixan de cumplir o seu cometido.
Consellos de hixiene
  • Debemos ducharnos ou bañarnos coa frecuencia necesaria.  A nosa pel debe estar sempre en perfecto estado.
  • Aínda que sexa inverno e non súe,  sigo necesitando asearme.  A pel tamén se ensucia ,  aínda que non suemos tanto.
  • O baño debe incluir todo o corpo.    A cabeza tamén é unha parte do corpo  ”.  Cuidaremos especialmente da nosa cabeza,  lavándoa de xeito cotiá.
  • Se practicamos algún deporte ducharémonos xusto ó finalizar a súa práctica.  Se non temos vestiarios,  iremos á ducha ó chegar a casa.
  • Se utilizamos baños públicos usaremos chanclas nos pies.  Así evitaremos que aparezan fungos por contaxio.
  • Non olvidaremos a hixiene bucal;  lavaremos os dientes tralas comidas para previr a carie.
  • Debemos lembrar o cambio de roupa cando está suxa ou suada.  Non podemos ir toda a semana coa mesma camiseta.
  • Ademáis,  e obrigatorio un primeiro aseo persoal nada máis erguernos da cama.  Así comenzaremos o día ben despexados.

Recordade,  coidar do noso aseo personal tamén nos axuda a
conquerir un bo nivel de saúde.



martes, 7 de febrero de 2012

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE - A ALIMENTACIÓN

     Cando coidamos algo poñemos todo o noso empeño,  preocupación e atención en que o que imos facer saia ben.  Polo tanto,  e en relación ó corpo,  os nosos esforzos en coidarnos deben ir encamiñados cara á consecución dunha vida saudable.  De ahí a importancia dos seguintes aspectos no coidado do noso corpo.

     A Alimentación.  O noso corpo,  para obter enerxía,  manter a súa actividade e temperatura corporal precisa dos alimentos.  Unha  dieta  equilibrada  é  a  que contén a cantidade axeitada de enerxía  (  calorías  ),  segundo as necesidades de cada  persoa  (  que varían en función da idade,  sexo,  nivel de actividade física,  estado de saúde,  antecedentes xenéticos,    ),  e a proporción correcta de nutrintes que aportan enerxía.

Consellos dietéticos.
¨      É recomendable realizar,  alomenos,  cinco comidas ó día:  almorzo,  merenda de media mañá,  comida,  merenda e cea.
  • O almorzo é importantísimo;  podes tomar leite,  galletas,  marmeladas,  manteigas,  zumes,  bolos,    hai que almorzar ben e sen prisas.
  • Na merenda de media mañá,   cando  estamos  no recreo,  pode ser un bocadillo,  froita,    Así reporás forzas.  De cando en vez podes tomar pasteliños y chuches,  pero non todos os días.
  • Se almorzaches e fixeches a merenda de media mañá,  a comida do medio día non debe ser moi copiosa,  senón variada.  Hai que comer de todo:  verduras,  legumes,  pescado,  carne,  froita,    É recomendable comer sen prisas e facer primeiro prato + segundo prato + postre.
  • A merenda,  ó igual que a de media mañá,  é un tentempé estupendo.
  • A cea,  como a comida,  debe ser variada,  ainda que un puoco máis lixeira   (  así durmiremos mellor  ).
¨      Olvídate de comer entre horas,  faino nas horas de comer.
¨      Evita tamén o exceso de graxas e aceites,  posto que axudan a aumentar o colesterol.
¨      Come alimentos con suficiente almidón e fibra:  pan integral,  cereais, 
¨      Evita o exceso de zucre e sal:  poucas chuches e pouco salgado.
¨      As mellores bebidas para acompañar as comidas son as naturais:  auga,  zumes,