miércoles, 28 de marzo de 2012

FÚTBOL

     Estes días comezamos a traballar no segundo ciclo a iniciación ó fútbol.  A idea fundamental é familiarizarse co manexo do balón e interiorizar o xogo en equipo e a cooperación.  Aínda así,  deixo uns vídeos de YouTube nos que podemos ver unha pequena parte dos fundamentos básicos deste deporte.
Comezamos sempre facendo un bo quecemento

A condución do balón é un elemento esencial

Exercicios de coordinación aplicados ó fútbol

viernes, 23 de marzo de 2012

AS NOVAS TECNOLOXÍAS NA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

    Esta semana o alumnado do 2º ciclo de Primaria estreou a aula multimedia portátil do centro. O centro adquiriu unha aula multimedia portátil composta por un carro de portátiles para almacenamento e carga, 26 netbooks para o alumnado, un portátil para o mestre e, nas aulas nas que non hai PDI, un proxector e un conversor e-beam. Esta adquisición foi posible grazas ó convenio asinado entre a Fundación Paideia Galiza ( que aportou a maior parte do capital e á que agradecemos moitísimo a súa colaboración  ) e o centro.  Despois de varios días de proba esta semana estreámola na clase de Educación Física,  aprendendo o seu manexo básico,  organizando os turnos de recollida e depósito no carro de portátiles e facendo tarefas básicas de navegación por Internet  (  vendo a páxina do colexio e este blogue  ).  Na seguinte presentación hai unha pequena escolma do traballo realizado.

viernes, 16 de marzo de 2012

HOCKEY

     Ó longo destas semanas os alumnos/as do 2º ciclo de Primaria fixemos varias sesións de iniciación ó hockey.  Tratamos de aprender a conducir a bola cos sticks,  a lanzar e nocións básicas de xogo  (  algunhas veces parecía que estábamos a segar ou a varrer,  pero o esforzo foi moi grande e foi dando froitos  ).  Para rematar fixemos un torneo en cada clase por equipos,  no que todos/as querían gañar,  pero o máis importante foi a participación,  o esforzo realizado e o traballo en equipo.


     Nos seguintes enlaces podedes ver os resultados de cada clase:

jueves, 8 de marzo de 2012

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE - O NOSO CORPO E O EXERCICIO

      O noso corpo está formado polo conxunto de partes materiais que compoñen o noso organismo.  Cada unha desas partes cumple unha función específica.  Así,  á hora de facer exercicio,  as partes fundamentais do corpo que máis interveñen son as que se reflicten a continuación.
 Fotografía da galería de betacontinua - Flickr
¨      Sistema Esquelético.  O esquelete é o termo que se usa para describir a todas as estruturas ríxidas ou semiríxidas que serven de soporte ós tecidos blandos do noso corpo,  e proporcionan apoio para a acción muscular.  O esquelete humano está formado por máis de 200 ósos que se unen entre sí nas articulacións por medio dun tecido resistente e pouco elástico denominado ligamento  ou  tendón.  Os ósos poden dividirse en curtos,  longos  e  planos.  Os movementos dos ósos do esquelete son levados a cabo grazas ás contracións dos músculos unidos ós ósos;  estas contracións,  por outro lado,  están controladas polo sistema nervoso.
¨      Sistema Muscular.  O músculo é un tecido ou órgano con capacidade para contraerse,  polo que o sistema muscular é o encargado de facer posible o movemento do corpo.  Hai tres tipos de tecido muscular:  liso,  esquelético  e  cardíaco.  A unión do sistema esquelético e o muscular é coñecida polo nome de Aparato Locomotor.
¨      Sistema Nervoso.  É o conxunto dos elementos que nos organismos animais están relacionados coa recepción dos estímulos,  a transmisión dos impulsos nervosos ou a activación dos mecanismos dos músculos.  No sistema nervoso,  a recepción de estímulos se realiza mediante unhas células sensitivas especiais ou receptores que se chaman neuronas.  Os animais vertebrados,  coma o ser humano,  teñen unha columna vertebral e un cráneo nos que está aloxado o sistema nervoso central,   mentres que o sistema nervoso periférico vai extendéndose a través do resto do corpo.  No cráneo atopamos o cerebro e na columna vertebral a médula espiñal,  que coordinan todas as accións do sistema nervoso.
¨      Aparato Dixestivo.  O noso organismo precisa de certa cantidade de enerxía para poder realizar con normalidade todas as súas funcións.  A enerxía necesaria para o mantemento e funcionamento axeitado do organismo é aportada polos alimentos.  O sistema dixestivo é o encargado de levar a cabo a transformación dos alimentos en enerxía.  Todas as substancias sobrantes da dixestión son eliminadas polo organismo a través dos aparatos urinario  e  excretor.
¨      Aparato Respiratorio.  A respiración é o proceso polo que os organismos vivos toman osíxeno do ar que lles rodea e desprenden dióxido de carbono.  A respiración se realiza grazas á expansión e contración dos pulmóns;  o proceso e a frecuencia á que sucede a respiración están controlados por unha parte do sistema nervoso.
¨      Sistema circulatorio.  O sistema circulatorio é o responsable de transportar as diferentes substancias a todo o organismo.  Para lograr o seu obxectivo sérvese dun elemento moi especial,  o sangue.  Na súa circulación polo organismo,  o  sangue  bombeada polo corazón percorre o noso corpo polas cavidades da dereita do corazón,  pasando polos pulmóns  (  aquí capta o osíxeno  ),  e a continuación regresa poas cavidades da esquerda.  Dende aquí é bombeada na arteria principal,  a aorta,  que se ramifica en condutos cada vez máis pequeños:  arterias,  arteriolas e capilares.  Logo regresa con produtos de refugallo do organismo a través das veas.

FREESBEES

     Ó longo destas semanas estamos a practicar cos alumnos/as de 2º actividades con discos voadores ou freesbees.  Tratamos de que vaian practicando  (  con moito esforzo  )  os lanzamentos,  as recepcións  (  menos mal que os discos son brandos  )  e un pouco de puntería e habilidade no lanzamento.  Seguiremos traballando algúns días máis e trataremos de facelo cada vez mellor  (  que boa falta nos fai  ).

jueves, 1 de marzo de 2012

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE - O EXERCICIO

     Se facemos exercicio físico regularmente o noso corpo poderá satisfacer as esixencias impostas polo entorno e a vida cotiá.  Estaremos en forma,  entrenados,  e  a nosa saúde sairá beneficiada.
     Xa sabemos que estar en boa forma física axuda a levar unha vida dinámica e positiva,  e é posible que afecte a case todas as fases da existencia humana.  A forza muscular,  enerxía,  vigor,  bo funcionamento dos pulmóns e o corazón,  e un estado xeral de alerta,  son signos evidentes de que unha persoa goza de boa forma física.
     Por outro lado,  o exercicio físico tamén pode axudar a mellorar certas enfermedades crónicas.  Iso sí,  as persoas con problemas de saúde ocasionados por algunha enfermidade deben consultar ó médico antes de realizar calquera tipo de exercicio físico intenso.
Fotografía de Gustavo Durán - Flickr
Consellos prácticos
  • Buscar un deporte ou actividade física que realmente nos guste y que sexa asequible físicamente.  Así non o deixaremos ó pouco de comezar.
  • Se nunca fixemos deporte este é un bo momento para comezar.  É recomendable empezar con deportes suaves,  footing por exemplo.
  • Para mellorar a nosa saúde é importante ser constante na práctica deportiva.  Non serve de moito correr dous días e descansar quince.
  • Debemos facer un quecemento axeitado sempre antes de comezar a práctica deportiva.  Así evitaremos tiróns,  desgarros e outras posibles lesións.
  • É mellor que o deporte ou actividade física que practiquemos potencie todo o corpo e non só unha zona muscular.  Debemos deixarnos aconsellar polo noso mestre/a  ou por un especialista.
  • Formando parte dun clube deportivo,  ximnasio,    perfeccionaremos mellor o noso traballo físico.  Aínda así,  é importante non sobrevalorar a importancia da competición.

Son moitos os deportes e actividades que contribúen a mellorar a forma física.
Elexide o que máis vos guste e adiante, a poñerse en forma.