martes, 29 de noviembre de 2011

ESPAZO ABALAR

      O luns,  28 de novembro,  houbo no noso centro unha sesión de iniciación ó  Espazo  Abalar  enmarcada dentro da actividade  "  Coñece o Espazo Abalar  "  do Proxecto Abalar.  Nesta sesión vimos as posibilidades e utilidades do Espazo Abalar para pais e nais,  para mestres/as e outros aspectos,  coma un repositorio de contidos que podemos empregar nas aulas por idades e áreas. 
      Hai un enlace para pais/nais chamado ESPAZO FAMILIAS,  no que se explica como acceder e as accións que se poden realizar nel  e tamén un enlace para mestres/as chamado ESPAZO PROFESORES.  Merece a pena entrar na web e profundizar un pouquiño nas súas posibilidades

martes, 15 de noviembre de 2011

O BEISBOL NA ESCOLA

     No ámbito escolar galego e na sociedade na que vivimos hai unha serie de deportes maioritarios  (  o fútbol por riba de todos e,  despois,  o baloncesto,  balonmán,  ...  )  e outros que son prácticamente descoñecidos.  Un destes casos é o beisbol,  deporte minoritario na nosa terra que,  noutros lugares,  é un deporte esencial  (  en case todo o continente americano e en boa parte de Asia  ).  Estes días,  os alumnos/as de 4º,  5º  e  6º do noso colexio están a recibir unhas charlas formativas para ir coñecendo e practicando cada vez máis este deporte que combina coordinación,  destreza e velocidade.  Podedes consultar a páxina web da Federación Galega de Beisbol e Softbol para saber máis cousas destes deportes e estar ó día das diferentes noticias,  competicións,  ...  que se fan preto de nós.  Na seguinte presentación podedes ver unhas fotos que fixemos durante as sesións de iniciación a este deporte.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

CALIDADE NO ENSINO

Datos
  • Os países con mellor nivel educativo  (  o exemplo máis notorio é Finlandia  )  adican máis do 7% do Produto Interior Bruto a Educación.  En Galicia non chegamos ó 5%.
  • Cando en calquera empresa baixas os soldos,  reduces persoal,  non envías o material  (  ou o que se envía non é o que solicitas  ),  conxelas os presupostos e os traballadores non teñen a cualificación necesaria a calidade baixa,  nunca aumenta.
  • Tampouco pode subir a calidade cando reduces persoal e aumenta o alumnado.
Os mestres/as do CEIP Ría do Burgo e a nosa ANPA participamos nas manifestacións en defensa da calidade do ensino

Opinión
  • Os políticos,  de calquera cor e tendencia,  non poden comparar a educación e o sistema educativo ó funcionamento dunha empresa.  Investir en educación e sanidade é algo que nunca se debe recortar  (  ó contrario,  tanto en épocas de crise coma de bonanza,  sempre debe aumentarse a súa dotación e,  iso sí,  mellorar a súa xestión  ).  Hai outras moitas cousas  nas  que  sí  se pode recortar ou controlar mellor  (  hai moitos exemplos que van desde os gastos militares ó fraude fiscal  ).