lunes, 28 de mayo de 2012

NORABOA CAMPIÓNS

   Hoxe é un día de ledicia dobre para o deporte galego,  en xeral,  e coruñés en particular.  Por unha banda,  o Liceo conqueriu a Champions de hockey a patíns  (  o sexto título continental e o segundo consecutivo que o confirman coma o equipo galego co mellor palmarés  )  e,  por outra,  o Deportivo,  que gañou a liga de 2ª división e ascende a 1ª para a vindeira tempada.  Os mellores desexos para os outros equipos galegos que lograron éxitos esta tempada  (  Ourense,  COB,  ...  )  e para os que poden telos nas vindeiras semanas  (  Celta,  Lugo,  Cerceda,  Alondras,  ...  ).

viernes, 25 de mayo de 2012

RECURSOS

     Recomendo dous recursos moi interesantes.  Por unha banda,  unha web canaria sobre os aparatos e órganos do corpo e,  ademáis,  un repositorio de contidos en EdiLim da aula virtual do noso centro,  resultado do proxecto de formación que realizamos ó longo deste curso sobre utilización educativa das novas tecnoloxías.

ESCALADA E NÓS

     A escalada en idade escolar é un exercicio moi recomendable para o desenvolvemento do equilibrio e a adaptación motriz. Nos seguintes vídeos podemos ver o traballo de escalada en rocódromo e tamén tres nós básicos.

Como escalar en rocódromo

Oito

Pescador

Ballestrinque

lunes, 21 de mayo de 2012

XOGAR COS NOSOS FILLOS/AS

     O xogo é un elemento esencial no ser humano.  A través del melloramos a nosa condición física,  aprendemos a movernos,  relacionarnos,  ...  Na sociedade actual o exceso de medo e de protección  (  aínda que deberíamos falar de desprotección en vez de sobreprotección,  xa que se non nos preparan para o que nos imos atopar,  estaremos desprotexidos  )  fixo que se deixase de xogar en moitas ocasións,  polo medo a que os nosos fillos/as acaben facéndose dano.  É moi importante que os pais e nais nos concienciemos da necesidade de que os nosos nenos/as xoguen  (  con outros nenos/as e tamén con nós  ).  As consolas,  ordenadores,  teles,  ...  favorecen o sedentarismo e son unha excusa,  en moitos casos,  para que non nos molesten.  Temos que  "perder"  tempo xogando cos nosos nenos/as.  No seguinte artigo veremos os beneficios de compartir os xogos cos nosos nenos/as.


miércoles, 9 de mayo de 2012

SEGURIDADE NA BICI

     A bicicleta é un medio ecolóxico de transporte e diversión. Serve para desplazarnos a calquera lugar  (  aínda que hai máis tradición ciclista no norte de Europa,  xa que aquí usamos máis o coche  )  e tamén para facer exercicio e pasalo ben.  Pero,  moitas veces,  non hai carril bici en determinadas zonas e temos que usar a carretera para desplazarnos en bici.  Iso supón que temos que ter certas precaucións á hora de movernos.  A Fundación Mapfre elaborou unha GUÍA para axudarnos a facer un uso correcto da bicicleta.

viernes, 4 de mayo de 2012

XOGAMOS E COLABORAMOS

     Estamos a facer no 1º ciclo algúns xogos cooperativos por equipos para deixar de lado o exceso de competitividade e procurar colaborar entre varios para conquerir unha actividade proposta.  Son xogos moi sinxelos de sempre,  pero permiten ver e reflexionar sobre a necesidade de cooperar entre nós e,  tamén,  sobre o importante que é respectarnos e saber ganar e perder  (  isto lévano,  ata o momento,  un pouco peor  ).  A continuación veremos unha breve escolma do realizado.



Tamén podemos ver un vídeo de YouTube sobre xogos cooperativos: