viernes, 16 de diciembre de 2011

INDIAKA

      Estos días,  os alumnos/as de 2º de Primaria están a traballar con Indiakas.  En liñas xerais é necesario destacar no xogo da indiaca varias peculiaridades polas que consideramos interesante a súa aplicación na escola:

  • Podemos catalogar o xogo como de golpeo,  é dicir,  para o seu control utilizamos as palmas das mans para golpear.  O deseño da indiaca fai que o seu vo sea lento,  isto fai que o xogo sexa moi asequible para os nenos/as,   xa que non precisa rapidez de reflexos.  Podemos dicir,  polo tanto,  que as habilidades da indiaca son de baixo nivel,  polo que a súa aprendizaje é sinxela e rápida.
  • Obriga a usar indistintamente as dúas mans para golpear e controlar.  Non son posibles os golpes de revés polo que se golpea sempre co mesmo movemento,  pero co brazo correspondente.  Se a indiaca chega pola dereita,  se golpea con esa man e viceversa coa esquerda.  O uso xeralizado das dúas mans favorece o desenvolvemento do brazo non dominante,  polo que a súa práctica é aconsellable nas primeiras idades,  para disminuir as diferenzas que se crean na  "  lateralidade  ".
  • A forma de desprazamento durante o xogo consiste en dous ou tres pasos como máximo en calquera dirección,  acompañados ó final dunha toma de posición previa ó golpe.  Non son habituais os saltos e tampouco as carreiras;  por este motivo trátase dun esforzo predominantemente aeróbico,  onde o sistema cardiorespiratorio se mantén entre 120 − 160 p/m.
  • O nivel de risco é moi escaso dado que non existen contactos físicos ó estar los xogadores dos equipos separados por unha rede e ser a indiaca moi lixeira e de material brando.
  • Aínda que podemos golpear cos pés,  debemos evitarlo xa que se deteriora.  As plumas da indiaca rompen con facilidade e debemos evitar situacións nas que poidan ser pisadas.  Tamén se descarta a posibilidade de utilizar pas.Existen outras variantes de xogo,  que ofrecen diferentes posibilidades e dan unha maior riqueza de movementos e aplicacións no xogo real.
No seguinte vídeo podemos ver,  de xeito resumido,  unha pequena escolma de diferentes fases do xogo con indiakas.
 

jueves, 15 de diciembre de 2011

MATEMÁTICAS

      As Matemáticas son un elemento esencial no noso traballo educativo.  Nos seguintes enlaces podemos atopar webs que traballan elementos matemáticos adaptados a Educación Primaria.




viernes, 9 de diciembre de 2011

BALONCESTO

     O baloncesto é un deporte de equipo que nos permite desenvolver,  en idade escolar,  moitas capacidades e habilidades:
  • Mellora a resistencia
  • Favorece a coordinación xeral e a óculo - manual
  • Desenvolve estratexias de cooperación e oposición,  etc.
     Ó longo destas semanas estamos a traballar na iniciación ó baloncesto no 2º Ciclo de Primaria.  Facemos diversos xogos e exercicios e xogamos partidiños de 3x3,  que permiten destacar a participación e a colaboración por riba dos resultados.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

OS SENTIDOS

    Como xa sabemos o ser humano ten cinco sentidos:  vista,  ouvido,  olfato,  gusto e tacto.  Na área de Educación Física son esenciais porque permiten ós nosos alumnos/as desenvolverse axeitadamente diante das diferentes situacións que se lle presentan:  equilibrios,  coordinacións,  cálculo de distancias,  ...  No seguinte vídeo podemos ver unha pequena explicación do funcionamento de cada un deles.

viernes, 2 de diciembre de 2011

LUDOTECA TIC DE NADAL

     A Fundación María José Jove organiza para nenos/as de 4 a 12 anos nas datas de Nadal unha ludoteca que pretende promover nos nenos/as o bo uso da tecnoloxía mediante actividades lúdicas. Para consultar datas, horarios e prezo podedes acceder á web da Fundación.

ÓSOS, ARTICULACIÓNS E MÚSCULOS

Sinxela presentación de Youtube do Colexio Gonzalo de Berceo sobre os ósos,  as articulacións e os músculos.  Axeitado para os primeiros cursos de Primaria.

jueves, 1 de diciembre de 2011

CHEGA O NADAL

      Hoxe comezamos o mes do Nadal no CEIP Ría do Burgo adornando o noso centro.  É unha festividade bonita,  chea de boas intencións e de ilusión,  especialmente para os nosos nenos/as.  Pero tamén debe servirnos para reflexionar sobre moitas cousas,  entre elas:
  • A solidaridade nestas épocas é moi destacable,  pero debería durar todo o ano.
  • Os nenos sempre están ilusionados cos regalos pero,  sobre todo,  precisan cariño e atención.
  • É importante fomentar un consumo responsable en todas as épocas do ano,  tanto nas situacións de bonanza económica coma nas de crise.
Déixovos unha pequena presentación desexándovos Moi Boas Festas

martes, 29 de noviembre de 2011

ESPAZO ABALAR

      O luns,  28 de novembro,  houbo no noso centro unha sesión de iniciación ó  Espazo  Abalar  enmarcada dentro da actividade  "  Coñece o Espazo Abalar  "  do Proxecto Abalar.  Nesta sesión vimos as posibilidades e utilidades do Espazo Abalar para pais e nais,  para mestres/as e outros aspectos,  coma un repositorio de contidos que podemos empregar nas aulas por idades e áreas. 
      Hai un enlace para pais/nais chamado ESPAZO FAMILIAS,  no que se explica como acceder e as accións que se poden realizar nel  e tamén un enlace para mestres/as chamado ESPAZO PROFESORES.  Merece a pena entrar na web e profundizar un pouquiño nas súas posibilidades

martes, 15 de noviembre de 2011

O BEISBOL NA ESCOLA

     No ámbito escolar galego e na sociedade na que vivimos hai unha serie de deportes maioritarios  (  o fútbol por riba de todos e,  despois,  o baloncesto,  balonmán,  ...  )  e outros que son prácticamente descoñecidos.  Un destes casos é o beisbol,  deporte minoritario na nosa terra que,  noutros lugares,  é un deporte esencial  (  en case todo o continente americano e en boa parte de Asia  ).  Estes días,  os alumnos/as de 4º,  5º  e  6º do noso colexio están a recibir unhas charlas formativas para ir coñecendo e practicando cada vez máis este deporte que combina coordinación,  destreza e velocidade.  Podedes consultar a páxina web da Federación Galega de Beisbol e Softbol para saber máis cousas destes deportes e estar ó día das diferentes noticias,  competicións,  ...  que se fan preto de nós.  Na seguinte presentación podedes ver unhas fotos que fixemos durante as sesións de iniciación a este deporte.

miércoles, 9 de noviembre de 2011

CALIDADE NO ENSINO

Datos
  • Os países con mellor nivel educativo  (  o exemplo máis notorio é Finlandia  )  adican máis do 7% do Produto Interior Bruto a Educación.  En Galicia non chegamos ó 5%.
  • Cando en calquera empresa baixas os soldos,  reduces persoal,  non envías o material  (  ou o que se envía non é o que solicitas  ),  conxelas os presupostos e os traballadores non teñen a cualificación necesaria a calidade baixa,  nunca aumenta.
  • Tampouco pode subir a calidade cando reduces persoal e aumenta o alumnado.
Os mestres/as do CEIP Ría do Burgo e a nosa ANPA participamos nas manifestacións en defensa da calidade do ensino

Opinión
  • Os políticos,  de calquera cor e tendencia,  non poden comparar a educación e o sistema educativo ó funcionamento dunha empresa.  Investir en educación e sanidade é algo que nunca se debe recortar  (  ó contrario,  tanto en épocas de crise coma de bonanza,  sempre debe aumentarse a súa dotación e,  iso sí,  mellorar a súa xestión  ).  Hai outras moitas cousas  nas  que  sí  se pode recortar ou controlar mellor  (  hai moitos exemplos que van desde os gastos militares ó fraude fiscal  ).

viernes, 30 de septiembre de 2011

A SAÚDE DOS NOSOS FILLOS/AS

     Para iniciar o traballo na área de Educación Física,  cada curso os mestres/as debemos coñecer todas as características  (  físicas,  especialmente,  pero tamén psicolóxicas,  emocionais,  ...  )  do noso alumnado.  A colaboración das familias é esencial neste aspecto,  xa que o descoñecemento dalgunha enfermidade ou alteración nos nenos/as pode provocar lesións,  conflitos ou accidentes de diferente gravidade.

     Por iso,  no seguinte enlace aparece unha ficha de datos médicos que é moi interesante cubrir por parte de todo o alumnado,  e especialmente por aqueles rapaces/zas que presenten algún tipo de enfermidade,  alerxia,  lesión,  ...  Facendo dobre clic no seguinte enlace podedes descargar un modelo de ficha de datos médicos:  FICHA DE DATOS MÉDICOS

lunes, 26 de septiembre de 2011

A INDUMENTARIA NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

     A área de Educación Física ten unha compoñente teórica  (  nocións de anatomía,  adestramento,  deportes,  ...  )  e outra práctica.  Na Educación Primaria a parte práctica prima habitualmente sobre a teórica.  Por iso,  na parte práctica,  a indumentaria é esencial,  xa que un correcto equipamento deportivo permite o traballo axeitado e evita lesións,  malas posturas e incidentes en xeral.
     O material OBRIGATORIO que precisaremos para a clase de Educación Física será o seguinte:
  • Calzado deportivo  (  nos primeiros cursos de Primaria,  mentres non saiban atar os cordóns,  é recomendable que traian calzado de velcro  )
  • Calcetíns
  • Pantalón curto,  de chándal,  mallas,  ...
  • Chaqueta do chándal ou similar
  • Gorra  (  para exteriores en días de sol  )
  • Bolsa de aseo  (  neceser,  bandoleira ou similar  )
  • Toalla  (  de mans,  que irá na bolsa de aseo  )
  • Todos/as os que teñan o pelo longo,  deberán levalo recollido.
     Ademáis,  hai un material RECOMENDABLE  que tamén se pode traer:
  • Peite ou cepillo de pelo
  • Xabrón de mans ou frasco pequeno de xel
  • Colonia ou desodorante
  • Calzado de reposto

viernes, 23 de septiembre de 2011

A HORA DA MERENDA NA ESCOLA
Imos comezar o novo curso 2011 - 2012.  Pasaremos no colexio moitos días lectivos traballando,  aprendendo e disfructando con todas as experiencias que nos están esperando.
Os vosos fillos e fillas están nun periodo de crecemento importante e os seus hábitos de alimentación deben de ser coidados con especial atención para que contribúan ao bo desenvolvemento tanto físico como mental.
Na aula se crea un ambiente propicio entre os compañeiros/as para experimentar co que nos rodea e,  no caso que nos ocupa,  con novos sabores e texturas das comidas.
En clase,  merendamos no recreo,  coidando a limpeza,  creando un clima de sosiego e tranquilidade e,  ao mesmo tempo,  traballamos as propiedades e características dos alimentos que imos consumir para que eles/as perciban a merenda,  e o momento de comer en xeral,  coma un acontecemento importante.
Lles propoño un  “  menú semanal  ”  das meriendas que os seus fillos/as traen ao colexio todos os días,  que deberán seguir sempre e cando estén de acordo e os niños/as non presenten alerxias ou intolerancias alimenticias.

LUNS:
  • Sandwich ou bocadillo cos ingredientes que desexen.
  • Zume de cualquera froita ou sabor.

MARTES:
  • Cereais: dos que se toman no almorzo ou en barriñas. 
  • Iogurte

MÉRCORES:
  • 1 peza de froita.  Os primeros días que traian a froita que estén acostumados a tomar,  despois pódense ir introducindo outras. 
  • Froitos secos: améndoas,  noces,  avelás,  pipas peladas  (  nunca con casca  ).
Este día poden traer as dúas cosas ou elexir unha.


u

XOVES:
  • Leite ou batido 
  • Galletas.  Eviten,  por favor,  que sexan sempre con chocolate.

VENRES: 
  • O venres é libre.  Significa que deben elexir unha merenda da dos días anteriores ou combinar elementos deses días. 
É importante que si o seu fillo/ a non pode tomar algún alimento,  lle traian outro que consideren máis oportuno,  procurando sempre que sexa posible,  seguir estas indicaciones. 
Son moitas xornadas de aprendizaxe,   incluindo,   por que non,   o momento da merenda como un momento privilexiado para compartir,  disfructar e,  por suposto,  aprender.
¡¡  MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN  !!


jueves, 17 de marzo de 2011

AS ACTIVIDADES NA AUGA

PRESENTACIÓN DE SLIDESHARE
         As actividades na auga forman parte da Educación Física,  aínda que non as utilizamos todo o que podemos.  Na seguinte presentación veremos un pequeno exemplo de actividades que podemos realizar na agua.

martes, 15 de marzo de 2011

O ESQUÍ NA ESCOLA

     O esquí é un deporte de inverno que conxuga a práctica deportiva co contacto co medio natural.

     No ámbito escolar a súa aplicación está moi limitada por causas xeográficas  (  en Galiza,  por exemplo,  só temos a estación de Manzaneda en Trives - Ourense,  o que dificulta o desprazamento ós alumnos/as de zonas lonxanas  ),  organizativas e de responsabilidade civil.  Aínda así,  se poden planificar actividades de máis de un día para disfructar da experiencia.

viernes, 11 de marzo de 2011

O RÁPEL

     O rápel é un elemento de escalada que consiste en descender unha parede valéndose de distintos elementos relacionados coa escalada.  No caso do noso traballo a nivel escolar,  eu prefiro utilizar como materiais os seguintes:

  • Arnés
  • Corda dinámica
  • Mosquetóns abertos e pechados
  • Descensores  (  habitualmente oitos  )



     Realizamos un traballo progresivo que vai da iniciación en espaldeiras a un traballo máis específico en rocódromo.

Este artículo está sometido a licencia Creative Commons Atribución-CompatirIgual 3.0 Unported ( CC BY-SA 3.0 ) y se ha basado en el artículo de la Wikipedia con enlace http://es.wikipedia.org/wiki/R%C3%A1pel

viernes, 4 de marzo de 2011

A ORIENTACIÓN EN EDUCACIÓN FÍSICA

A Orientación nos sirve para ubicarnos a nivel espacial e temporal.  Hai varios métodos que nos permiten orientarnos:

  • Localizar a Estrela Polar
  • Usar a brúxula
  • Localizar a posición do sol,  a lúa e os planetas.
  • A inclinación das árbores,  ...
O colexio,  e a clase de Educación Física en particular,  axudan a traballala.

Licencia Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported.
Este artículo ha sido resumido y adaptado del enlace anterior de la Wikipedia,  por lo que comparte la misma licencia.