miércoles, 6 de febrero de 2013

O MONXE E AS TIC

Neste vídeo de YouTube podemos ver, de xeito irónico, como pode chegar a ser o achegamento de novos usuarios ás TIC.
 

BALONMÁN

     O alumnado de 4º leva traballando, desde que comezou o trimestre, no descubremento e práctica do balonmán. Coñeceron as nocións básicas do regulamento, vimos aspectos técnicos e tácticos do xogo na PDI e, sobre todo, a través da práctica, fomos aprendendo e mellorando o noso concepto deste deporte.
     Por outra banda, o traballo realizouse ó mesmo tempo que se disputaba no noso país o Campionato do Mundo de Balonmán que, ademáis, gañou a selección española.
     Aquí van algunha fotos dos futuros Maqueda, Aguinagalde, Entrerríos e demáis.
 



 

INTERNET

     Neste vídeo de YouTube podemos ver como Internet pode ser un lugar pouco seguro. Aínda que pode asustar un pouco, debe servirnos para reflexionar como nos expoñemos ós demáis no mundo dixital e que debemos ser precavidos.