jueves, 13 de octubre de 2016

jueves, 13 de noviembre de 2014

SALTO DE ALTURA

No seguinte vídeo de YouTube podemos ver de xeito lúdico a progresión na aprendizaxe do salto de altura.

SALTO DE LONXITUDE

No seguinte vídeo de YouTube podemos ver como progresar de xeito lúdico na aprendizaxe do salto de lonxitude.

jueves, 9 de octubre de 2014

XOGOS POPULARES

Neste curso 2014-15 os alumnos/as de 3º e de 6º Primaria faremos unha visita ao CEIP Mosteiro de Caaveiro no Concello de A Capela. A visita consistirá nunha visita ao Museo Etnográfico da Capela e, posteriormente, unha sesión de xogos populares para o alumnado do noso centro, impartida polos alumnos/as do Colexio da Capela. Facendo clic AQUÍ podedes ver e descargar os xogos que eles traballan e facendo clic AQUÍ podedes ver e descargar a Unidade Didáctica sobre xogos populares que imos traballar co alumnado do noso colexio.

viernes, 13 de diciembre de 2013

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Nos seguintes vídeos de YouTube podemos ver como unha alimentación saudable mellora a nosa calidade de vida.
 
 

miércoles, 22 de mayo de 2013

TIRO CON ARCO

Ó longo da semana do 13 ó 15 de maio, dous membros do clube de tiro " Arco Adarve " impartiron unha clase práctica de iniciación ó tiro con arco a alumnos/as de 5º e 6º de Educación Infantil e a todo o alumnado de Educación Primaria. Está previsto que esta actividade sexa ofertada ós interesados para o curso que ven como actividade extraescolar. Podedes ver información sobre esta actividade na páxina do clube Arco Adarve. Podemos ver fotos dos nosos tiradores e tiradoras na seguinte presentación.

BEISBOL

Ó longo da semana do 6 ó 8 de maio dous xogadores e entrenadores do Clube de Beisbol " Os Druidas " estiveron no noso centro cos alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria impartindo unha sesión de iniciación a este deporte. Está previsto, ademáis, que na última semana de xuño se celebre no centro un campamento de beisbol para nenos/as de 6 a 12 anos. Podemos ver imaxes das sesións na seguinte presentación.