Ó longo da semana do 13 ó 15 de maio, dous membros do clube de tiro " Arco Adarve " impartiron unha clase práctica de iniciación ó tiro con arco a alumnos/as de 5º e 6º de Educación Infantil e a todo o alumnado de Educación Primaria. Está previsto que esta actividade sexa ofertada ós interesados para o curso que ven como actividade extraescolar. Podedes ver información sobre esta actividade na páxina do clube Arco Adarve. Podemos ver fotos dos nosos tiradores e tiradoras na seguinte presentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario