A INDUMENTARIA NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA
A área de Educación Física ten unha compoñente teórica ( nocións de anatomía, adestramento, deportes, ... ) e outra práctica. Na Educación Primaria a parte práctica prima habitualmente sobre a teórica. Por iso, na parte práctica, a indumentaria é esencial, xa que un correcto equipamento deportivo permite o traballo axeitado e evita lesións, malas posturas e incidentes en xeral.
O material OBRIGATORIO que precisaremos para a clase de Educación Física será o seguinte:
- Calzado deportivo ( nos primeiros cursos de Primaria, mentres non saiban atar os cordóns, é recomendable que traian calzado de velcro )
- Calcetíns
- Pantalón curto, de chándal, mallas, ...
- Chaqueta do chándal ou similar
- Gorra ( para exteriores en días de sol )
- Bolsa de aseo ( neceser, bandoleira ou similar )
- Toalla ( de mans, que irá na bolsa de aseo )
- Todos/as os que teñan o pelo longo, deberán levalo recollido.
- Peite ou cepillo de pelo
- Xabrón de mans ou frasco pequeno de xel
- Colonia ou desodorante

No hay comentarios:
Publicar un comentario