jueves, 8 de marzo de 2012

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE - O NOSO CORPO E O EXERCICIO

      O noso corpo está formado polo conxunto de partes materiais que compoñen o noso organismo.  Cada unha desas partes cumple unha función específica.  Así,  á hora de facer exercicio,  as partes fundamentais do corpo que máis interveñen son as que se reflicten a continuación.
 Fotografía da galería de betacontinua - Flickr
¨      Sistema Esquelético.  O esquelete é o termo que se usa para describir a todas as estruturas ríxidas ou semiríxidas que serven de soporte ós tecidos blandos do noso corpo,  e proporcionan apoio para a acción muscular.  O esquelete humano está formado por máis de 200 ósos que se unen entre sí nas articulacións por medio dun tecido resistente e pouco elástico denominado ligamento  ou  tendón.  Os ósos poden dividirse en curtos,  longos  e  planos.  Os movementos dos ósos do esquelete son levados a cabo grazas ás contracións dos músculos unidos ós ósos;  estas contracións,  por outro lado,  están controladas polo sistema nervoso.
¨      Sistema Muscular.  O músculo é un tecido ou órgano con capacidade para contraerse,  polo que o sistema muscular é o encargado de facer posible o movemento do corpo.  Hai tres tipos de tecido muscular:  liso,  esquelético  e  cardíaco.  A unión do sistema esquelético e o muscular é coñecida polo nome de Aparato Locomotor.
¨      Sistema Nervoso.  É o conxunto dos elementos que nos organismos animais están relacionados coa recepción dos estímulos,  a transmisión dos impulsos nervosos ou a activación dos mecanismos dos músculos.  No sistema nervoso,  a recepción de estímulos se realiza mediante unhas células sensitivas especiais ou receptores que se chaman neuronas.  Os animais vertebrados,  coma o ser humano,  teñen unha columna vertebral e un cráneo nos que está aloxado o sistema nervoso central,   mentres que o sistema nervoso periférico vai extendéndose a través do resto do corpo.  No cráneo atopamos o cerebro e na columna vertebral a médula espiñal,  que coordinan todas as accións do sistema nervoso.
¨      Aparato Dixestivo.  O noso organismo precisa de certa cantidade de enerxía para poder realizar con normalidade todas as súas funcións.  A enerxía necesaria para o mantemento e funcionamento axeitado do organismo é aportada polos alimentos.  O sistema dixestivo é o encargado de levar a cabo a transformación dos alimentos en enerxía.  Todas as substancias sobrantes da dixestión son eliminadas polo organismo a través dos aparatos urinario  e  excretor.
¨      Aparato Respiratorio.  A respiración é o proceso polo que os organismos vivos toman osíxeno do ar que lles rodea e desprenden dióxido de carbono.  A respiración se realiza grazas á expansión e contración dos pulmóns;  o proceso e a frecuencia á que sucede a respiración están controlados por unha parte do sistema nervoso.
¨      Sistema circulatorio.  O sistema circulatorio é o responsable de transportar as diferentes substancias a todo o organismo.  Para lograr o seu obxectivo sérvese dun elemento moi especial,  o sangue.  Na súa circulación polo organismo,  o  sangue  bombeada polo corazón percorre o noso corpo polas cavidades da dereita do corazón,  pasando polos pulmóns  (  aquí capta o osíxeno  ),  e a continuación regresa poas cavidades da esquerda.  Dende aquí é bombeada na arteria principal,  a aorta,  que se ramifica en condutos cada vez máis pequeños:  arterias,  arteriolas e capilares.  Logo regresa con produtos de refugallo do organismo a través das veas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario