miércoles, 1 de febrero de 2012

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE - O DESCANSO

     Despois dunha carreira precisas descansar,  despois dunhas horas de clase tés o recreo,  cando estudas moito rato debes descansar,  …,  así,  o máis normal é que,  despois dun longo día,   o noso organismo necesite descansar para poder recuperar o seu equilibrio. Xa sabemos que a principal forma de descanso é durmir,  o sono.
     A medida que nos imos medrando,  van cambiando a distribución  (  cando dormimos  )   e as necesidades totais do sono  (  as horas que necesitamos durmir  ).  Á idade infantil correspondenlle entre 8  e  10  horas de sono.

Consellos prácticos
  • Debemos deitarnos cedo,  máximo ás 10 da noite.  Para durmir 10 horas e ir ó colexio,  é recomendable non deitarse máis tarde das diez.
  • Non realizar unha cea moi copiosa  (  abundante  ).  Tampouco hai que cear xusto antes de ir durmir,  hai que repousar.
  • Non debemos tomar ningunha bebida estimulante antes de durmir:  coca – cola,  té, 
  • O mellor lugar para durmir é a cama.  Non te durmas no sofá.  Ningunha película ou programa merece perder horas de sono  (  sempre se pode gravar  ).
  • No vran o teu corpo agradecerá unha boa sesta  (  máximo 1 hora  ).  Non debe facerse xusto despois de comer,  hai que repousar.
  • Se temos problemas co sono debemos consultar cun médico.  Se durmimos pouco,  moito o temos pesadelos regularmente.
  • Recorda,  se durmes ben despertarás fresco coma unha rosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario